Pilar Mera cun ordenador portátil, na Coruña en 2008. Foto de El Goio
Eu na Coruña en 2008, xa choveu.

Ola! Son Pilar Mera Rico, son do 82 e vivo en Abegondo (A Coruña).

Formeime como xornalista, pero aprendín a fozar no código e agora dedícome á albanelería web: fago páxinas web e amaños dixitais, sobre todo con WordPress, para axencias, pequenas empresas e particulares.

Ás veces escribo do que me interesa no blog. Tamén ando a outras cousas. Son autónoma.

Todos me chaman Pi.

O último no blog:

  • A forma dos concellos
    Por seguir coa teima de combinar mapas e código, estiven estes días fozando cun gráfico que vin en Observable: Sorting regions by shape colle os mapas de todas as rexións europeas (o nivel por defecto, NUTS 2, corresponde en España ás comunidades autónomas) e ordénaos por forma segundo varios criterios xeométricos: circularidade, orientación, convexidade, alongamento,… Seguir lendo A forma dos concellos